Blogia
vgomez

A NASA FAINOS VOAR ENTRE OS PIARES DA CREACIÓN


En abril de 1995 publicouse a impresionante e icónica imaxe que se deu en chamar os Piares da Creación. Foi tomada polo telescopio espacial Hubble. Décadas despoi, o telescopio espacial James Webb superouna.

O Webb xa tomara imaxes da nebulosa do Águila (onde se atopan os piares), pero agora os astrónomos combinaron os datos do Hubble e do Webb para crear unha asombrosa animación en 3D dun voo a través da nebulosa.

Os Piares da Creación están compostos principalmente por hidróxeno molecular frío e po. Están a ser desgastados por fortes ventos e pola radiación ultravioleta emitida por estrelas novas e quentes próximas. Os piares, que parecen grandes dedos cósmicos, teñen protuberancias adicionais, maiores que o sistema solar, que se estenden desde as súas cimas. Dentro destes dedos hai estrelas novas e quentes. O máis alto dos piares mide tres anos luz de arriba abaixo.

A nova e asombrosa película en 3D leva aos espectadores de viaxe a través das estruturas dos piares, baseándose en datos de observación reais dun estudo científico dirixido por Anna McLeod, profesora asociada da Universidade de Durham (Reino Unido). O vídeo permite aos espectadores facerse unha idea de como poden colaborar os dous telescopios espaciais.

A nova visualización permite comprender como dúas dos telescopios espaciais máis potentes do mundo colaboran para ofrecer unha visión máis detallada. O Hubble capta obxectos que brillan en luz visible a miles de graos, mentres que a cámara infravermella do Webb é sensible a obxectos máis fríos a só centos de graos e pode penetrar no po para revelar estrelas incrustadas no seu interior.

A película fai algo máis que crear un vídeo espectacular. Axuda aos espectadores para explorar distintas zonas e etapas da formación estelar. O piar central, por exemplo, é abordado e pode observarse cunha protoestrela incipiente incrustada no seu parte superior. Na imaxe infravermella pódella ver brillando en vermello intenso. Preto da parte superior do piar esquerdo hai un chorro diagonal de material que foi expulsado dunha estrela recentemente nada. A nova estrela quente non pode verse, pero o chorro delata a súa presenza. Por último, na punta dunha das protuberancias do piar esquerdo hai unha estrela recentemente nada que brilla intensamente.

Outra marabillosa vantaxe da nova visualización en 3D é a creación dun modelo imprimible en 3D dos Piares da Creación. A información converteuse a un formato de arquivo STL que pode descargarse e imprimirse en casa con impresoras 3D. Isto non só será de fabuloso interese para os aficioinados, senón que tamén terá un inmenso valor educativo para as escolas.

FONTE: Baltasar Pérez/quo.eldiario.es/ciencia

0 comentarios