Blogia
vgomez

GALICIA NO MUNDO II: A PAISAXE GALEGA

Continúo coa serie GALICIA NO MUNDO, unha serie documental composta por 4 vídeos que mestura imaxes reais e animacións. O proxecto, que ten unha finalidade didáctica e lúdica, está especialmente dirixido a nenos e nenas de educación primaria e ás súas familias. Pretende dar a coñecer, con contidos anecdóticos ou sorprendentes, os principais sinais da identidade galega no que se refire á xeografía, simboloxía, lingua e cultura galegas.

Se onte abordamos o capítulo adicado ao mapa, hoxe tócale o capítulo 2: A paisaxe galega, que se ocupa do clima, os montes, os ríos e as rías, o desenvolvemento sostible e o consumo responsable.

FONTE: youtube.com/@politicalinguistica

Continuará...

0 comentarios