Blogia
vgomez

UN LIBRO PARA REMATAR O VERÁN: OS MORTOS QUE AMEI

O pasado 25 de xuño, a editorial Galaxia lanzou o o libro Os mortos que amei. A súa autora Iria Collazo López (Barro-Pontevedra, 1981) é propfesora de Educación Secundaria no IES As Barxas de Moaña.

Este é a súa trama argumental: Celeste decidiu fuxir con 83 anos, un día de abril, o mes en que abren as rosas das cerdeiras. Atopou a maleta onde levaría as súas pertenzas entre mantas e mantóns de estopa, la e angora; blusas de seda en tons pasteis e colo con brocado; bolsos de coiro de res criada coa mesta herba eterna da Pampa; broches dourados con forma de coleópteros máxicos... O can Elvis e o seu consogro, Antón, taxista xubilado ao que sempre acompaña o fantasma de Vita, a súa muller, serán as únicas compañías na súa longa odisea cara ao Sur. Este é o relato da súa viaxe.

En Os mortos que amei, Iria Collazo escribe unha road trip disparatada a través de estampas da vida e da morte dos seus avós, co humor e a tenrura como protagonistas, que contan con nostalxia unha historia de amor imposible, onde todo o que coincide coa realidade é inventado.

Que o disfrutedes!

FONTE: casadellibro.com

0 comentarios