CANTO SABES DE CHILE? VIII
Continúo coa serie adicada a Chile, un país longo e angosto que se estende polo bordo occidental de Sudamérica, sendo un país tricontinental, é dicir, que posúe soberanía en tres continentes. Un país seguro, con moita historia e cultura, ligada ao noso país, do que foi colonia, pola lingua…
A contestación correcta pregunta de onte é Loa. Este río é un curso de auga intermitente do norte de Chile, entre a Rexión de Tarapacá e a Rexión de Antofagasta. Cunha lonxitude de 440 quilómetros, é o río máis longo de Chile, desde a súa orixe na cordilleira dos Andes ata chegar ao océano Pacífico.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. O deserto de Atacama é o “lugar, non polar, máis árido de Terra”, pero cal é a súa extensión aproximada?
- 85.000 Km2
- 105.000 km2
- 150.000 km2
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: iagua.es/wikipecia/CC e ecologiaverde.com
0 comentarios