ANIMAIS MIMÉTICOS III
Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.
4. Insecto folla xigante
O insecto folla xigante (Phyllium giganteum) é unha especie de insecto pau e como podemos comprobar a súa camuflaxe é excelente. Utiliza unha coloración críptica para evitar aos depredadores. Adoita manterse inmóbiles durante moito tempo e poden ser atopados nos bosques tropicais de Malaisia. O curioso desta esta especie é que só existen femias; elas poñen ovos sen fertilizar desde os que nacen novas femias.
5. Peixe Pedra
O seu nome cientíco é Synanceia verrucosa e trátase do peixe máis velenoso de océano. O peixe pedra é un pésimo nadador e habita nas augas australianas. Os seus tons e textura fan que sexa moi difícil de diferenciar do chan mariño. Posúe ata 13 aguillóns cun forte veleno, que pode ser fatal mesmo para os humanos.
Continuará...
FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e foroambiental.net
0 comentarios