Blogia
vgomez

ANIMAIS MIMÉTICOS IV

Continúo coa serie adicada á sabedoría do reino animal na que algúns deles viven cun permanente disfrace todo o ano: son expertos na camuflaxe. Trátase de animais coa habilidade do mimetismo, unha capacidade que teñen certos seres vivos para asemellarse a outros organismos e á súa propia contorna para obter algunha vantaxe.

6.   Bolboreta folla seca

 

A bolboreta folla seca (Gastropacha quercifolia) é unha avelaíña que se atopa en Europa e o norte e o leste de Asia. A súa particularidade reside en que, cando está en repouso, parece completamente unha folla seca dunha árbore en cor marrón. Adoita ter unha envergadura de entre 50 e 90 milímetros (as femias son máis grandes) e as súas larvas aliméntanse de salgueiro e carballo.

7. Dragón de mar foliáceo

É un peixe mariño Phycodurus eques e parente dos cabaliños de mar. É orixinario das costas sur e oeste de Australia. Recibe o seu nome debido ás súas longas prolongacións en forma de folla cuxa principal función é a da camuflaxe. O dragón de mar foliáceo se propulsa mediante unha aleta pectoral situada no fío do pescozo e unha aleta dorsal próxima ao extremo da cola. Estas son practicamente transparentes e difíciles de ver posto que ondulan o xusto como para mover ao animal suavemente, dando a impresión do animal como un alga flotante.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.com e foroambiental.net

0 comentarios