Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXVI

VERTICAIS: 1. Ficheiro que grava datos nun dispositivo que visita unha páxina web, o que permite que o servidor poida coñecer as preferencias do usuario 2. Molusco bivalvo da clase dos lamelibranquios de tamaño grande e carne apreciada, coa valva superior plana e de cor avermellada e a inferior convexa, branca con manchas parda e de nome científico Pecten maximus 3. Flor do Nadal de nome científico Euphorbia pulcherrima 6. Río galego que discorre polas provincias de Pontevedra e Ourense, desembocando no municipio de Pontevedra na parroquia de Puente Sampayo, no fondo da ría de Vigo.

HORIZONTAIS: 4. Orde de insectos que comprende as bolboretas (diúrnas) e as avelaíñas (esencialmente nocturnas) 5. Río máis grande de África. 6. Cidade máis poboada de Galicia 8. Signo ortográfico que se pon enriba da letra ñ e, nalgunhas linguas como o portugués, enriba das vogais para marcar o seu carácter nasal, que en galego tamén se coñece como til 9. Tea impermeable por ter un dos lados cubertos de verniz, que se utiliza para protexer certas superficies 10. Cría da anguía.

0 comentarios