Blogia
vgomez

CANTO SABES DE BELIZE? IX

Continúo coa serie adicada a Belize, a pequena nación caribeña de Belize está chea de marabillas, desde os sitios maias coñecidos máis antigos do mundo ata o segundo sistema de arrecifes máis grande do planeta.

A contestación correcta á pregunta de onte é Belize. O río Belice é un corpo de auga de 290 quilómetros de lonxitude que desemboca no mar Caribe na costa central de Belize. Esta corrente de auga drena preto dunha cuarta parte da superficie belizense. Nace nos montes Maia, de onde chega a desembocar preto da Cidade de Belize.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cal é o maior lago de Belize?

- Catro Millas

- Río Novo

- Os Cinco Azuis

FONTE: es.wikipedia.org    Imaxes: geo-ref.net e travelbelize.org/es

0 comentarios