Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE OS PEIXES? VI

Continúo co a serei adicada aos peixes, eses animais vertebrados primariamente acuáticos, xeralmente ectotérmicos (regulan a súa temperatura para partir do medio ambiente) e con respiración por branquias. Adoitan estar recubertos por escamas, e están dotados de aletas, que permiten o seu movemento continuo nos medios acuáticos, e branquias, coas que captan o osíxeno disolto na auga.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non de todo correcto. Os peixes realizan a maior parte do intercambio gasoso mediante o uso das branquias, que se atopan cara a ambos os lados da farinxe. As branquias están constituídas por estruturas filiformes denominadas filamentos branquiais. Cada un destes filamentos contén capilares, que permiten unha gran superficie para o intercambio de osíxeno e dióxido de carbono. Este intercambio prodúcese cando o peixe aspira auga, que pasa a través das branquias. Hai peixes, como os tiburóns e as lampreas, que posúen aberturas branquiais múltiples. Porén, a maioría dos peixes posúen branquias proteidas por unha cuberta ósea chamada opérculo. Ser capaz de respirar directamente aire é resultado da adaptación para peixes que habitan augas pouco profundas, onde os seus niveis varían ou onde a concentración de osíxeno na auga pode diminuír en certas épocas do ano. Os mecanismos para iso son variados. A delgada pel das anguías eléctricas permiten certo grao de absorción de osíxeno. Tamén poden respirar aire ao tragalo directamente da superficie. Os peixes gato das familias Loricariidae, Callichthyidae e Scoloplacidae son capaces de absorber aire a través do seu tracto dixestivo. No caso dos peixes pulmonados e poliptéridos describíronse pulmóns similares aos dos tetrápodos, polo que deben subir á superficie da auga a tragar aire fresco a través da boca para que sexa pasado través das branquias ou filamentos branquiais.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Os peixes teñen un sistema circulatorio…

- Aberto

- Pechado

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios