Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXX

VERTICAIS: 1. Na próxima fin de semana celebramos o Entroido, unha palabra que procede do latín e que significa entrada ou comezo, cal é esa palabra?  2. Concello de Pontevedra, da comarca da Paradanta, onde se atopa o Serradoiro dos Carranos, que emprega a forza da auga para mover as máquinas 4. Arbusto dioico da familia das liliáceas, con talos verdes, ergueitos e moi ramificados, follas reducidas a escamas triangulares, froito en baga vermella e de nome científico Ruscus aculeatus 5. Peixe da familia dos gádidos de ata corenta e cinco centímetros de lonxitude, cinco barbas no bico e cor avermellada ou castaña, e de nome cientíifico Ciliata mustela 8. Río máis longo e caudaloso de Irlanda.

HORIZONTAIS: 3. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio, cuxo símbolo é Rn 7. Temor morboso e obsesivo a certas situacións ou circunstancias e a certos obxectos que realmente non presentan perigo 5. Apelido do Administrador do Departamento de Eficiencia Gubernamental da Casa Branca 9. Clarinete pequeno de ton máis agudo ca o ordinario que se utiliza nas bandas de música 10. Diversión, broma, pasatempo, leria 11. Moeda oficial de Lituania antes da entrada no Euro 12. Estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes, con capital en Dacca.

0 comentarios