CANTO SABES SOBRE OS INVENTOS? IX
Continúo coa serie adicada aos inventos. A evolución humana está irremediablemente ligada a eles que desempeñaron un papel fundamental no camiño cara ao que agora somos. Sen a invención de determinados elementos moi probablemente o ser humano nunca desenvolvería determinadas habilidades e a nosa evolución seguise outros camiños.
A contestación correcta á pregunta de onte é Antonio Meucci. O teléfono foi inventado polo italiano Antonio Meucci, quen en 1854 construíu o seu primeiro prototipo, aínda que non formalizou a súa patente por dificultades económicas, presentando só unha breve descrición do seu invento na Oficina de Patentes de Estados Unidos no ano de 1871. Anos despois, en 1876, o escocés Alexander Graham Bell foi o primeiro en patentalo formalmente, e durante moitos anos, xunto a Elisha Gray, foron considerados os inventores do teléfono. O 11 de xuño de 2002, o Congreso dos Estados Unidos de América aprobou a resolución 269, na que se recoñece que o verdadeiro inventor do teléfono foi Antonio Meucci, que o chamou teletrófono.
E imos coa pregunta de hoxe!
9. Quen inventou o telescopio?
- Galileo Galilei
- Hans Lippershey
- Juan Roget
Mañá a solución e una nova pregunta!
FONTE:es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org ecientifiko.com
0 comentarios