Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXXV

VERTICAIS: 1. Tratar con cariño ou afago [a alguén] para producirlle agrado 3. Nome do río máis grande de cataluña que discorre integramente pola comunidade, con nacemento no concello de Castellar de n’Hug e desembocadura no mar Mediterráneo 4. Elemento químico do grupo dos gases nobres, radioactivo, orixinado por descomposición do radio, de símbolo Rn e que está asociado ao cancro de pulmón, presente en altas concentracións no 70% do territorio galego 5. Nome do río que pasa po Roma 6. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Salnés, con capitalidade no Mosteiro.

HORIZONTAIS: 2. Enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a viña e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos) 7. Instrumento de vento, de metal e tubo curvado, moi semellante á tuba, tamén coñecido como eufonio 8.  Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval duns cincuenta centímetros de lonxitude, cor rosada, co dorso máis escuro e ás veces con pequenas manchas azuis e fociño alongado, de nome científico Pagellus erythrinus 9. Capital de Bolivia 10. Planta do kiwi.

0 comentarios