O soño de Einstein, máis preto
En 1916, Albert Einstein predixo que os buracos negros ou as estrelas de neutróns liberan parte da súa masa en forma de enerxía a través do que se coñece como ondas gravitacionais. Un século despois, en 2016, foi posible detectalas, e comprobouse que eran reais, algo do que mesmo Einstein chegou a dubidar. O físico alemán dedicou os últimos anos da súa vida para conseguir unha teoría unificadora que explicase o universo. Agora, un artigo que se acaba de publicar en Nature, pode axudar a entender mellor as ondas gravitacionais e saber se teñen un papel nesa teoría do todo estrañada por Einstein.
Os científicos crearon un modelo matemático que describe cun nivel de detalle sen precedentes como se xeran as ondas gravitacionais cando obxectos descomunais como os buracos negros achéganse sen chegar a chocar. Isto servirá para que detectores como o terrestre LIGO e o futuro observatorio espacial LISA detecten mellor esas engurras do tecido espacio-temporal do que está feito o cosmos e axuden a interpretar os fenómenos que as producen.
Pero hai máis, porque cando os científicos analizaban estas características das ondas gravitacionais, atoparon algo inesperado. Nos modelos computacionais daquel fenómeno físico apareceron unhas estruturas matemáticas moi complexas, que non se lograron conectar coa realidade.
FONTE: Daniel Mediavilla/elpais.com
0 comentarios