Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXXX

VERTICAIS: 1. Porción de excremento compacta que se expulsa dunha vez 2. Árbore da familia das lauráceas, de copa baixa, follas perennes, lanceoladas e coriáceas, moi empregadas como condimento, froito en baga e de nome científico Laurus nobilis 3. Capital de Colombia 7. Titulo do libro de relatos de Xosé L. Méndez Ferrín, publicado en 1991 co que acadou, entre outros, o Premio da Crítica Española.

HORIZONTAIS: 4. Elemento químico metálico de transición, de cor branca prateada, dúctil, maleable, resistente á corrosión e de símbolo Pd 5. Moeda oficia de Potugal antes do € 6. Desexo non razoable e pasaxeiro por unha cousa innecesaria ou extravagante 8. Montaña de maior altitude de Asturias e de Castela e León, así como da cordilleira Cantábrica, con 2.650 m s. n. m. 9. Réptil da suborde dos ofidios, do que existen varias especies, duns dous metros de lonxitude, e moi velenoso 10. Ave mariña palmípede, de plumaxe branca coa punta das ás negra e a cabeza amarelada, que se mergulla lanzándose desde unha altura considerable e de nome científico Sula bassana.

0 comentarios