ENCRUCILLADO CLXXXI
VERTICAIS: 2. Recipiente grande de madeira, xeralmente con catro patas e tampa, máis estreito no fondo que por arriba, no que se amasa o pan 4. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e de símbolo Cs 6. Concello da provincia de Pontevedra, pertencente xeográfica e administrativamente á comarca do Morrazo, pero integrado socioeconomicamente na zona urbana de Pontevedra 8. Emitir a súa voz a ovella, carneiro ou cabra 10. Instrumento que serve para fumar, composto por un recipiente onde se queima o tabaco e un tubo polo que se aspira o fume.
HORIZONTAIS: 1. Capital e cidade máis grande das illas Fiji 3. Afluente do río Sil pola esquerda da súa marxe, que á súa vez é un afluente do río Miño pola súa marxe esquerda, cun percorrido de 97 km que transcorre polas provincias de Zamora, Ourense e Lugo 5. Variedade da ameixeira común, case exclusiva da rexión francesa de Lorena, que dá como froito unhas ameixas redondas, amarelas ou vermellas, das que O Rosal é un gran produtor e de nome científico Prunus domestica var. syriaca 7. Molusco mariño bivalvo da familia dos venéridos, de cuncha sólida e globosa, valvas simétricas con liñas concéntricas prominentes e dotadas de rugosidades descontinuas e cor amarela gris ou parda, que vive nos fondos de area algo lodosa e de nome científico Venus verrucosa 9. Tarifa que se paga polos dereitos de importación nunha aduana ou pola utilización de certos servizos.
0 comentarios