Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CLXXXII

VERTICAIS: 1. Río da provincia de Ourense, que chegando á capital desemboca no río Miño, pola banda esquerda, preto da ermida dos Remedios e da Ponte do Milenio 4. Instrumento musical de vento formado por un fol, que se estende e contrae, e dúas caixas, unha a cada extremo do fol, cunha serie de teclas correspondentes aos sons que emiten 6. Crustáceo da orde dos decápodos semellante ao lagostino, pero máis grande e de cor vermella escura, con mome científico Plesiopenaeus edwardsianus.

HORIZONTAIS: 2. Capital de Taiwán 3. Armazón que se instala na parte superior dos vehículos para transportar equipaxes 5. Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras 7. Variante do idioma castelán falado en Galicia, caracterizada pola abundancia de palabras e expresións tomadas do idioma galego 8. Satisfacción que un sente da contemplación e atención de si mesmo, que se manifesta no excesivo coidado do propio corpo e no egoísmo nas súas relacións cos demais  9. Elemento químico metálico de transición, de cor branca brillante, dúctil e maleable, que se extrae principalmente do circonio, cuxo símbolo é Hf 10. Facer [alguén] obxecto de desprezo, dunha ofensa, de inxurias etc., ben sexa de palabra ou de obra.

0 comentarios