Publicadas as primeiras imaxes que revelan o misterioso proceso de implantación dun embrión humano
“Sabemos máis sobre o desenvolvemento embrionario das moscas, os peixes ou os pitos que sobre o dos seres humanos”, lanza Samuel Ojosnegros, investigador do Instituto de Bioenxeñería de Cataluña (IBEC). E ten razón: durante as primeiras semanas, o embrión humano desenvólvese oculto no interior do útero, alí onde os ollos da ciencia non alcanzan a ver. O que ocorre nesa xanela de tempo entre a implantación e a primeira ecografía é unha incógnita.
Con todo, iso está a empezar a cambiar. Un grupo de científicos do IBEC, entre os que está Ojosnegros, conseguiron gravar por primeira vez a implantación de embrións humanos en tempo real. Para logralo utilizaron un novo sistema de laboratorio que simula as capas externas do útero e permite recrear un escenario de implantación coma se estivese a suceder dentro do corpo dunha muller, só que con óvulos doados. As imaxes divúlgaas este venres a revista Science Advances.
0 comentarios