ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2.026 (II)
No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.
Onte comezamos con esa lista e falamos do axolote. Hoxe tócalle o turno ao...
2. Mandril
Estado: vulnerable
O estilo é todo cando vives nun grupo tan grande como o dun mandril. Cunha tropa de 1.300 exemplares unha vez rexistrada nos bosques de Gabón, crese que os mandriles forman os grupos sociais máis grandes de primates non humanos. Coas súas rechamantes caras e ollos, evolucionaron para exhibir a coloración máis espectacular de calquera especie de mamífero, cuxa intensidade indica o seu estado social e sexual.
Lamentablemente, non é só a súa aparencia o que é atractivo. A carne de mandril considérase un manxar no oeste de África, e é parte dun comercio en crecemento, con toneladas de carne de animais silvestres introducidas de contrabando no oeste de Europa a diario. Debido a que os mandriles viven en grupos tan grandes, gran parte da súa poboación pode caer no comercio en auxe nunha soa cacería. A talla e a agricultura tamén están a limitar os seus lugares de refuxio, polo que estes notables animais necesitan urxentemente unha protección máis eficaz.
Continuará…
FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es
0 comentarios