A CONCENTRACIÓN DE GASES EFECTO INVERNADOIRO ACADA UN NOVO RÉCORD
Segundo a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM), os niveis dos gases de efecto invernadoiro que atrapan a calor na atmosfera alcanzaron un novo récord sen precedentes. Se esta tendencia continua a longo prazo significa que as xeracións futuras terán que facer fronte a uns efectos cada vez máis graves do cambio climático, como o aumento das temperaturas, uns fenómenos meteorolóxicos máis extremos, unha maior tensión hídrica, a subida do nivel do mar e a alteración dos ecosistemas mariños e terrestres.
O Boletín da OMM sobre os Gases de Efecto Invernadoiro mostrou que a concentración media mundial de dióxido de carbono (CO2) acadou as 407,8 partes por millón (ppm) en 2018, tras ser de 405,5 ppm en 2017.
O incremento de CO2 que se produciu de 2017 a 2018 foi moi similar ao observado de 2016 a 2017 e situouse xusto por encima da media do último decenio. Os niveis mundiais de CO2 excederon o simbólico e importante limiar de 400 partes por millón en 2015.
O CO2 permanece na atmosfera durante séculos e aínda máis tempo nos océanos.
A solución? Cero emisións!
FONTE: public.wmo.int/es
0 comentarios