Blogia
vgomez

PREMIOS FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO 2026: TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN

Vincent Rijmen e Joan Daemen, gañadores do Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento en Tecnoloxías da Información e a Comunicación / Fundación BBVA

Na XVIII edición do premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na categoría de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) acaban de ser galardoados os enxeñeiros belgas Joan Daemen (Achel, Limburg, Bélxica-1965) e Vincent Rijmen (Lovaina, Béxica-16 de octubre de 1970).

Desde a súa creación a finais do século pasado, o algoritmo de encriptación Advanced Encryption Standard (AES), tamén chamado Rijndael, é o sistema estándar internacional que protexe a seguridade e privacidade nos computadores portátiles, os móbiles, os sistemas de mensaxería dixital, as tarxetas bancarias e ata o almacenamento de datos na nube. Os seus creadores son os galardoados nesta categoría.

O xurado destacou que ese cimento matemático converteuse na tecnoloxía que “sustenta a era dixital actual”. Grazas a ela, afirman, “o noso diñeiro permanece nas nosas contas bancarias, os nosos historiais médicos seguen sendo privados e as nosas mensaxes só chegan ás persoas ás que queremos envialos”.

Parabéns!

0 comentarios