ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XI)
No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.
Seguimos coa lista. Onte falamos do Gorila occidental das terras baixas. Hoxe tócalle o turno ao...
11. Chimpancé común
Estado: en perigo.
A deforestación produciuse máis lentamente no oeste de África Central, polo menos en comparación con outras rexións tropicais no estranxeiro. O hábitat do chimpancé común mantívose relativamente intacto, e con todo, perdéronse ao redor das tres cuartas partes da súa poboación no último século. Isto é debido a que son amplamente cazados pola súa carne, que se consome localmente e tamén se transporta de contrabando ao estranxeiro. A agricultura, a talla de árbores, a extracción de petróleo, a minería e a construción de estradas atravesan os bosques e fragmentan as súas comunidades unidas.
Na cultura africana tradicional, os chimpancés usualmente son representados como indignos de confianza. A súa similitude con nosa propia especie faios parecer perversamente subversivos. O seu extraordinario parecido é fascinante para nós, pero para eles pode ser devastador; eles tamén son susceptibles aos brotes de ántrax, Ébola e enfermidade respiratoria. A medida que profundemos nos seus territorios, as ameazas serán cada vez máis severas.
Continuará…
FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es
0 comentarios