ENCRUCILLADO CXCIII
VERTICAIS: 2. Persoa da mesma familia, que viviu nun tempo anterior con respecto a outra persoa 3. Persoa bruta e pouco razoable 4. Movemento de dilatación do corazón en que os ventrículos volven á posición de repouso despois do movemento de contracción. 6. Líquido viscoso e denso, xeralmente branco, que se extrae de certas plantas e que constitúe a materia prima para a fabricación de diversos produtos industriais 8. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e cuso símbolo é Cs.
HORIZONTAIS: 1. Acrónimo da Universidade Nacional de Educación a Distancia 5. Mamífero da familia dos delfínidos, de tres a catro metros de lonxitude e de cor gris escura nas partes superiores e gris clara tirando a branca nas inferiores e de nome científico Tursiops truncatus 7. Capital da República Ganha 8. Arbusto da familia das cameliáceas orixinario da China e do Xapón, de tronco moi ramificado, follas perennes coriáceas e ovais, moi brillantes pola face, de flores de cor branca, encarnada ou rosada e de nome científico Camellia japonica 10. Popularmente segundo dedo da man, entre o polgar e o maior.
0 comentarios