Blogia
vgomez

ENCRUCILLADO CXCIV

VERTICAIS: 1. Capital da República Islámica de Irán 2. País insular do Mediterráneo con capital en Nicosia  3. Brazado de vides, trigo, herba seca etc., atado 6. Especie de plataforma ou piso do carro, dun remolque etc., en que se coloca a carga.

HORIZONTAIS: 4. Que goza de boa saúde, que se conserva ben 5. Concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central, que limita ao norte co concello de Foz, ao leste co de Mondoñedo, ao sur co de Abadín e ao noroeste co do Valadouro 6. Elemento químico sintético, altamente radioactivo e superpesado, pertencente ao grupo 12 dos metais de transición e de símbolo Cn 8  Especie de peixe de auga doce e salobre da familia dos ciprínidos e de nome científico Tinca tinca 9. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade e de nome científico Nerium oleander 10. Anaco de océano relativamente estreito entre o Golfo de Omán ao sueste e o Golfo Pérsico ao suroeste, que se atopa na ruta comercial do petróleo máis importante do mundo.

0 comentarios