CANTO SABES DE NEPAL? VIII
Estas provincias foron creadas o 20 de setembro de 2015 de conformidade co anexo 4 da Constitución de Nepal. As sete provincias formáronse agrupando os distritos existentes e substituíron a anterior organización territorial onde o país era dividido en 14 zonas administrativas agrupadas en 5 rexións de desenvolvemento. Así mesmo, o país aloxaba un pequeno reino vasallo Mustang, agora abolido. A Saber...
Provincia de Koshi (Capital: Biratnagar)
Provincia de Madhesh (Capital: Janakpur)
Provincia de Bagmati (Capital: Hetauda)
Provincia de Gandaki (Capital: Pokhara)
Provincia de Lumbini (Capital: Deukhuri)
Provincia de Karnali (Capital: Birendranagar (Surkhet)
Provincia de Sudurpashchim (Capital: Godawari)
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Oito das 10 montañas máis altas atópanse no Nepal. Cal destes é o punto máis elevado?
- Annapurna
- Kangchenjunga
- Everest
- Makalu
- K2
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios