ENCRUCILLADO CXCV
VERTICAIS: 1. Mineral formado por un silicato de boro e aluminio, con pequenas cantidades doutras substancias, que cristaliza no sistema trigonal en prismas alongados de caras convexas 2. Pequeno paxaro paseriforme da familia dos frinxílidos, que en Galicia é escaso e aparece principalmente en inverno nas áreas forestais, tanto de coníferas coma de bosque mixto, onde se alimenta de sementes de todos os tipos, especialmente de amieiros e de coníferas 3. Planta herbácea da familia das urticáceas, da que existen diferentes especies que se caracterizan por ter o talo e follas cubertos de pelos urticantes e flores en acio, que ao contacto coa pel produce proído e ampolas 8. Concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala, onde se atopa o Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, construción dos séculos XVII-XVIII.
HORIZONTAIS: 4. Nome da illa, piar fundamental da economía iraniana, xa que xestiona aproximadamente o 90 % das exportacións de cru do país 5. Elemento químico de propiedades similares ao iodo, que pertence ao grupo dos halóxenos e de símbolo At 6. Venda pública que consiste en adxudicar algo a quen máis ofrece por el 7. Aliaxe de cobre e zinc en distintas proporcións 9. Capital de Lituania 10. Instrumento musical de corda, semellante a unha guitarra, pero de menor tamaño e con catro cordas.
0 comentarios