CANTO SABES DE LITUANIA? II
Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.
A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao norte con Letonia, ao sueste con Belarús, ao sur con Polonia, ao suroeste co enclave ruso de Kaliningrado e ao oeste co mar Báltico. A saber...
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a capital de Lituania?
- Kaunas
- Klaipéda
- Vilna
- Šiauliai
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: elcorreo.com e buendia.travel
0 comentarios