CANTO SABES DE IRLANDA? XII
Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…
A contestación correcta á pregunta de onte é San Patricio. O Día de San Patricio é a festa nacional da República de Irlanda, e cada 17 de marzo conmemora a morte de Patricio (17 de marzo de 461), santo patrón de Irlanda; grandes desfiles nos que a cor verde asolaga as rúas de miles de cidades, sendo unha das festividades máis celebradas en todo o mundo.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Nesta listaxe de irlandeses famosos hai un gazapo. Podes atopalo?
1- Enya
2- Stephen Roche
3- Ralph Firman
4- James Joyce
5- David Beckham
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: experienciajoven.com
0 comentarios