CANTO SABES DE LITUANIA? X
Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.
A contestación correcta á pregunta de onte é 65.000 km2. Exactamente 65.301 km2. A modo comparativo, moi similara Letonia (64.589 km2) é a metade de Grecia (131.957 km2).
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é, aproximadamente, a poboación de Lituania?
- 2.500.000 habitantes
- 2.900.000 habitantes
- 3.200.000 habitantes
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es Imaxes: ueenchile/facebook.com e elperiodico.com
0 comentarios