Blogia
vgomez

CANTO SABES DE LITUANIA? XI

Continúo coa serie adicada a Lituania, a maior e máis poboada das tres repúblicas bálticas, situada no nordés de Europa cun rico patrimonio histórico, paisaxes cubertas por densos bosques e costas no mar Báltico.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2.900.000 habitantes. Exactamente 2.890.664 habitantes. A modo comparativo, moi parecida á da nosa Comunidade, Galicia (2.714.741 habitantes) e a metade de Irlanda (5.281.600 habitantes).

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Cal é a forma de goberno de Lituania?

- Monarquía

- Ditadura

- República

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e exteriores.gob.es   Imaxes: epdata.es e es.wikipedia.org

0 comentarios