CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? V
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é En Tenerife. Efectivamente, en Tenerife (Canarias), atópase o Teide, o punto máis alto de España, cunha altura de 3.718 m sobre o nivel do mar e uns 7.000 m sobre o fondo oceánico. Na península o punto máis elevado esta en Serra Nevada, o Mulhacén, con 3.479 metros sobre el nivel del mar.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Cal é a capital de provincia situada a maior altitude de España?
- Ávila
- Teruel
- Cuenca
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxe: elmundo.es
0 comentarios