Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Pisuerga. Principal afluente do río Douro pola súa marxe dereita. Ten un curso total de 283 km. Nace no municipio da Pernía, situado no norte da provincia de Palencia e desemboca no río Douro preto de Geria, na provincia de Valladolid.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. O enclave do Condado de Treviño onde se atopa?

- León

- Sevilla

- Álava

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org   Imaxes: iagua.es e es.wikipedia.org

0 comentarios