Blogia
vgomez

Tres cousas que perderemos coa intelixencia artificial

José Ignacio Latorre é un referente internacional en computación cuántica e intelixencia artificial. Actualmente dirixe o Centre for Quantum Technologies de Singapur e está considerado unha das voces máis influentes na divulgación científica e tecnolóxica.

Nos últimos anos, centrou parte do seu traballo en explicar como tecnoloxías como a intelixencia artificial e a computación cuántica transformarán as nosas vidas. Neste contexto, participou en iniciativas orientadas a preparar á sociedade para os cambios que traerán estes avances.

Latorre invítanos a entender o futuro con criterio e sen medo, á vez que defende a necesidade de regular a tecnoloxía para garantir que estea ao servizo de todas as persoas e non só duns poucos.

0 comentarios