VACACIÓNS: A CRISE + O TEMPO
A viñeta, de onte, do xenial humorista de Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid-1942), no xornal El País, pon o acento en tres aspectos no referente as vacacións do verán. Por un lado unhas das principais fontes de ingresos: o turismo; por outro a cirise económica; e, para remate, un aliado inesperado: o tempo. Este tres elementos forman un combinado que pode dinamitar as espectativas de todos: hosteleiros e veraneantes.
O tempo deste verán é inestable e como consecuencia as reservas fanse a última hora. A crise limita a duración das vacacións e os desprazamentos. Só os lugares do meditarráneo, que teñen un clima máis seguro, contan co maior afluencia, eso si limitada, coma no resto do país, pola crise.
Na Guarda nótase moito a baixada de turistas e veraneantes con respecto a anos pasados. Pouco tempo queda de verán para facer uns cartos polos industriais da zona!
Hoxe comenza a semana das Festas do Monte , que pode aportar unha inxección económica ao pobo. Parece ser que o tempo axudará, pois as previsións indican bo tempo, que pode complicarse "algo" o domingo.
Esperemos que o reclamo das festas, unido ás previsións de bo tempo, rompan o maleficio que parece acompañarnos.
Boas festas a todos e todas!
0 comentarios