Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XVII

Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.

A contestación correcta á pregunta de onte é Eo. Nace en Fonteo (Baleira-Lugo) e desemboca no mar Cantábrico pola ría de Ribadeo, entre Ribadeo (Galicia) e Castropol (Asturias). A súa cunca ten unha extensión duns 828 km², dos que 3/4 atravesan terreo galego. Ten unha lonxitude de 99 km e o seu caudal medio é de 19,61 m³/s.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Identifica as Comuinades Autónomas e Cidades Autónomas sinaladas no mapa.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e es.wikipedia.org       Imaxes: es.wikipedia.org e profesorpaco.wordpress.com

0 comentarios