CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXX
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Océano Atlántico. O Odiel é un pequeno río da provincia de Huelva. Nace na serra de Aracena, a uns 660 m de altura, ao sur da cidade homónima. O seu curso ten un sentido xeral norte-sur, mais moi sinuoso e desemboca conxuntamente co Tinto no océano Atlántico, logo de percorrer 150 km, formando a denominada Ría de Huelva.
E imos coa pregunta de hoxe!
30. En que provincia, de Castela e León, se atopa a cova de Valporquero?
- Salamanca
- Zamora
- León
- Valladolid
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: propia e es.wikipedia.org Imaxes: juntadeandalucia.es e turismocastillayleon.com
0 comentarios