CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXI
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é León. A cova de Valporquero é unha cavidade subterránea que está situada en Valporquero de Torío, no concello de Vegacervera, ao norte da provincia de León. A entrada á cova atópase a unha altitude de 1.309 metros sobre o nivel do mar. Ten un nivel superior de 1.300 metros de lonxitude, habilitado para a visita turística. Un nivel inferior ocupado por un río, con 3.150 metros de lonxitude visitable porespeleólogos e expertos.
E imos coa pregunta de hoxe!
31. Na comunidade de Castela-A Mancha, atópase Almansa, famosa polo seu castelo, pero en que provincia está?
- Cuenca
- Toledo
- Albacete
- Cidade Real
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: aytovegacervera.es e es.wikipedia.org
0 comentarios