CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXIV
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Rexión de Murcia. O Mar Menor é unha albufeira do mar Mediterráneo, situada na Región de Murcia. Trátase da albufeira española de maior extensión, dispoñendo de valores medioambientais que lle fan contar con numerosas figuras de protección, incluída na lista Ramsar. De forma semicircular, está separado do mar Mediterráneo por unha franxa de area de 22 km de lonxitude e de entre 100 e 1.200 m de anchura, denominada A Manga do Mar Menor.
E imos coa pregunta de hoxe!
34. As Illas Canarias forman parte da macaronesia. Pero que outros arquipélagos tamén forman parte?
- Azores e Madeira
- Azores, Madeira e Cabo Verde
- Azores, Madeira, Cabo Verde e Illas Selvagens
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
0 comentarios