CANTO SABES DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA? XXXVII
Continúo coa serie adicada á xeografía española, xa que coñecela en profundidade non só nos axuda a entender mellor o noso país, senón tamén a interpretar como inflúe na nosa cultura, economía e formas de vida.
A contestación correcta á pregunta de onte é Navarra. As Bardenas ou Bardenas Reais de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra. Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.
E imos coa pregunta de hoxe!
37. En que provincia se atopa o Delta do Ebro?
- Barcelona
- Valencia
- Tarragona
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Propia e es.wikipedia.org Imaxes: bardenasreales.es e retema.es
0 comentarios