PREMIO PRINCESA DE XIRONA EN INVESTIGACIÓN
O investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía Rafael Luque Ramírez gañou, onte, martes, o Premio Princesa de Xirona en Investigación. O seu nome deuse a coñecer nun acto en Murcia, no marco do Tour do Talento que organiza a Fundación Princesa de Xirona, que concede anualmente estes premios dirixidos a novos talentos nos campos da ciencia, a arte, a empresa, o ámbito social e o internacional.
Luque (Córdoba, 1993) é un dos principais expertos internacionais en exoplanetas, os planetas que se atopan fóra do Sistema Solar. As súas investigacións, segundo detallou el mesmo durante o acto ao presentar a súa candidatura céntranse principalmente nun tipo de planetas chamados subneptunos, que son os máis abundantes na nosa galaxia, a Vía Láctea, aínda que non existen no Sistema Solar. Os estudos apuntan a que poderían conter importantes masas de auga, polo que serían firmes candidatos a albergar vida. Como son moi numerosos na galaxia, o seu estudo podería proporcionar unha “forma acelerada de comprobar se estamos sós no universo”, segundo detallou o científico.
Parabéns!
FONTE: elpais.com/ciencia Imaxe: diariocordoba.com
0 comentarios