Blogia
vgomez

CANTO SABES DE XEOLOXÍA? XIII

Continúo coa serie adicada á xeoloxía, esa ciencia que se adica ao é estudo da Terra, dos materiais de que está feita, a estrutura deses materiais e os procesos que actúan sobre eles, incluindo o estudo de organismos que habitaron o noso planeta e como non, o estudo de como os materiais, estruturas, procesos e organismos da Terra cambiaron co tempo.

A contestación correcta á pregunta de onte é  1-Trilobites, 2-Spirifer e 3-Ammonites.

Os trilobites son unha clase de artrópodos do subfilo dos trilobitomorfos (Trilobitomorpha) extintos, sendo os fósiles máis característicos da era paleozoica. O spirifer é un xénero extinto de braquiópodos mariños da familia Spiriferidae, característico principalmente do devónico (era paleozoica). O ammonites son unha subclase de moluscos cefalópodos extintos que existiron nos mares desde o Devónico Medio (Era paleozoica) ata finais do Cretácico (era mesozoica).

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Identifica as rochas: granito, pizarra e carbón, e clasifícaas: sedimentarias, metamórficas e ígneas.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Propia e gl.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org

0 comentarios