Blogia
vgomez

CANTO SABES DE CROACIA? XIV

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é Kuna. Foi a moeda nacional de Croacia desde o 30 de maio de 1994 ata o 31 de decembro de 2022. Susbdividíase en 100 lipa. A kuna foi introducida en xuño de 1994 despois do período de transición posterior á independencia croata, no que o dinar iugoslavo foi substituído polo dinar croata. O 1 de xaneiro de 2023, Croacia pasou a adoptar o euro como a súa nova moeda.

E imos coa pregunta de hoex, e última da serie!

15. No seguinte listado, hai un personaxe que non é croata. Saberías identificalo?

1- Nikola Tesla

2 -Luka Moric

3- Anastasija Sevastova

4- Ivana Lončarek

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: eurochange.es, es.wikipedia.org e sesvete-danas.hr

0 comentarios