Blogia
vgomez

CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXIV

Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.

A contestación correcta á pregunta de onte é Narmer. É unha das figuras máis grandes na historia da humanidade, crese que foi o primeiro faraón do Antigo Exipto. É amplamente recoñecido por unificar o Alto e o Baixo Exipto. Ademais, sentou as bases para unha das civilizacións máis duradeiras e influentes xamais coñecidas pola humanidade. Os egiptólogos considérano como o probable sucesor dos reis protodinásticos Horus Escorpión II e/o Horus Ka, sendo considerado por algúns o unificador de Exipto e fundador da dinastía I. A súa identidade é tema de debates en curso, aínda que a opinión dominante entre os egiptólogos identifica a Narmer co faraón Menes da dinastía I. Esta conclusión baséase na paleta de Narmer, unha placa que mostra a Narmer como unificador de Exipto, e os dous selos da necrópole de Abidos que o mostran como o primeiro rei da dinastía I.

E imos coa pregunta de hoxe!

24. A que país fai referencia "A Revolución dos Caraveis"?

a) Rusia, pola extinta Unión Soviética

b) Portugal

c) Nicaragua

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia   Imaxe: es.wikipedia.org e vivaradio.es

0 comentarios