TAL DÍA COMO HOXE: 19 DE AGOSTO...
1487 Os Reis Católicos, no marco da chamada «Reconquista», conquistan Málaga. Finaliza o período islámico e comeza o peor período de escurantismo relixioso anticultural, xenófobo e antisemita da Historia de España.
1692 En Salem (Massachusetts), unha muller e catro homes, un deles un clérigo, son executados acusados de bruxería (Xuízos de Salem).
1839 O Goberno francés anuncia que o invento de Louis Daguerre, a fotografía, é un agasallo para o mundo.
1960 A Unión Soviética lanza ao espazo o satélite artificial Sputnik 5.
1991 Intento de golpe de estado na Unión Soviética: o presidente soviértico Mikhail Gorbachov atópase arrestado mentres veraneaba en Foros.
FONTE: hoyenlahistoria.com Imaxes: alcazabamalaga.com, historia.nationalgeographic.com.es e www.vietnam.vn/es
0 comentarios