CANTO SABES DA HISTORIA DA HUMANIDADE? XXVII
Continúo coa serie adicada a historia da humanidade, na que determinados feitos, sucesos, acontecementos, guerras e demais cambiaron a situación xeopolítica, así como relacións entre distintos países e situacións actuais.
A contestación correcta á pregunta de onte é Felipe II. A balatta de Lepanto foi un enfrontamento naval que tivo lugar o 7 de outubro de 1571, cando unha frota da Santa Liga (formada polo Imperio español, con FelipeII como rei (1572-1598), os Estados Pontificios, a República de Venecia, a Orde de Malta, a República de Xénova e o Ducado de Savoia), organizada polo papa Pío V, inflixiu unha gran derrota á frota do Imperio Otomán no golfo de Patras. As forzas otomás navegaron cara ao oeste desde a súa estación naval en Lepanto (nome veneciano de Naupacto) cando se atoparon coa frota da Santa Liga que navegaba ao leste desde Messina, Sicilia. Os católicos, liderados por Juan de Austria, resultaron vitoriosos e salváronse tan só trinta galeras otomás. Freouse así o expansionismo otomán no Mediterráneo oriental durante algunhas décadas e provocouse que os corsarios aliados dos otománs abandonasen os seus ataques e expansións cara ao Mediterráneo occidental.
E imos coa pregunta de hoxe!
27. Que civilización contruíu o Machu Picchu?
- Aztecas
- Incas
- Maias
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal play.howstuffworks.com/quiz, es.wikipedia.org e propia Imaxe: es.wikipedia.org
0 comentarios