Blogia
vgomez

CANTO SABES SOBRE ASIA? II

Continúo co a serie, que onte comezamos, adicada a Asia, o maior e máis poboado dos cinco continentes do noso planeta.

A contestación correcta á pregunta do último día é Yangtzé. É o río máis importante en lonxitude de China cun curso total de 6.300 km, que o converten o terceiro máis longo do mundo tras o Nilo e o Amazonas. É, así mesmo, o máis longo de Asia. Polo seu caudal medio é o cuarto río máis caudaloso da Terra, tras o Amazonas, o Congo e o Paraná. Na súa conca, de case 1.800.000 km² de área, viven uns 350 millóns de habitantes. É navegable nunha lonxitude de 2.800 km desde a Shanghai, na desembocadura, ata Panzhihua, situándose no medio importantes cidades como Nanjing, Wuhan ou Chongqing, as tres antigas capitais chinesas.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal é o punto de altitude máxima de Asia?

- Kânchenjunga

- Makalu

- K2

- Everest

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxe: Luca Galuzzi/es.wikipedia.org

0 comentarios