AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (III)
Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos das Illas Cies, hoxe tócalle o turno a...
3. Val do Jerte (Cáceres)
Chamado así polo río do Jerte, este val situado ao norte de Estremadura (Cáceres) é coñecido polos campos cubertos de cerdeiras en flor coa chegada da primavera, cando a floración está no seu máximo esplendor.
Atópase entre dúas cadeas montañosas dentro do macizo de Gredos: a Sierra de Tormantos ao sueste (no macizo central) e os montes de Traslasierra e serra de Béjar ao noroeste (no macizo occidental de Gredos).
Tódolos anos, na segunda quincena de marzo, celébrase alí a Festa da Cerdeira en Flor, declarada de Interese Turístico Nacional. Millón e medio de árbores florecen case ao unísono, tinguindo o val de branco durante quince días.
Outros atractivos do lugar é a Garganta dos infernos, unha reserva natural, ou o próximo mosteiro de Yuste, Patrimonio Nacional, situado xa na comarca da Beira.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios