AS 21 MARABILLAS NATURAIS DE ESPAÑA QUE HAI QUE VER UNHA VEZ NA VIDA (XII)
Continúo coa serie adicada as 21 marabillas naturais que España alberga na súa gran variedade de paisaxes e ecosistemas, algunhas, recomendadas por expertos do Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos (ICOG) e outras porque son as máis visitadas e eloxiadas polos que xa pasaron por aí.
Se onte falamos da Caldeira de Taburiente, hoxe tócalle o turno a...
12. Deserto de Tabernas (Almería)
Coñecido como o único deserto de Europa, o Deserto de Tabernas, ofrece unha paisaxe desértica única que foi escenario de numerosas películas do xénero western durante a década dos 60 e 70.
Situadado ao norte de Almería, nos termos municipais de Tabernas, Gádor, Santa Cruz, Alboloduy e Gérgal, e protexido como Paraxe Natural nunha extensión de 280 km².
É un lugar fascinante para explorar e tomar fotografías. A chaira está composta de cárcavas, ramblas, torrenteiras e noiros propias das paisaxes badlands. Tamén é un dos mellores lugares da zona para o avistamento de aves, xa que está protexida para que estes animais poidan refuxiarse nel. Entre eles pódense ver o birrio real, o solitario ou a gralla, alén dalgúns mamíferos como o raposo, o lirón ou o coello.
Continuará...
FONTE: Idea orixinal Cristina Acebal/expansión.com e es.wikipedia.org
0 comentarios