Blogia
vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 3 DE OUTUBRO...

1700: En España, finaliza a dinastía dos Austrias en España co testamento de Carlos II.

1778: O capitán británico James Cook chega a Alaska.
 

1904: España e Francia asinan un tratado sobre Marrocos antecedente do acordo do 27 de novembro de 1912 que levou á creación dos protectorados francés e español.

1962: En Cabo Cañaveral (Estados Unidos), lánzase a nave Sigma 7 (do Proxecto Mercury), co astronauta Wally Schirra a bordo nun voo que deu seis voltas á órbita terrestre e que durou nove horas.

1990: A RDA disólvese e pasa a formar parte da RFA, polo que Alemaña volveu ser unha nación unida.

2010: Alemaña liquida totalmente as reparacións de guerra (xunto cos intereses xerados) desde a aprobación do tratado da Primeira e a Segunda Guerra Mundial.

FONTE: hoyenlahistoria.com          Imaxes: elarcadelahistoria.es, radioreloj.cu, infosondas.com e elmundo.es

0 comentarios