Os 20 do XX - Capitulo 3: Literatura e teatro
Nesta terceira entrega de Os 20 do XX afondamos na Literatura e no Teatro. O crecemento do sistema educativo e a extensión da alfabetización fomentaron a aparición dun público para a literatura e o espectáculo teatral. Consolidouse así unha camada de intelectuais que detectaron a necesidade de desenvolver un teatro e unha prosa en galego, e unha rede de empresas editoriais que as potenciasen. A pesar de todos os obstáculos, nesta década a literatura galega vai facer un camiño que non permitirá a volta atrás.
0 comentarios