Blogia

vgomez

CANTO SABES DE MURCIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.

A contestación correcta á pregunta de onte é Ao norte Castela-A Mancha, ao sur o mar Mediterráneo, ao leste Comunidade Valenciana e ao oeste Andalucia. Efectivamente limita ao norte con Albacete (Castela-A Mancha), ao sur co mar Mediterráneo (Costa Cálida), ao leste Alacant (Comunidade Valenciana) e ao oeste Granada e Almería (Andalucía).

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal destas bandeiras é a da Rexión de Murcia?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org      

BOLBORETAS MONARCA: MILAGRE NATURAL

Descobre o verdadeiro poder da bolboreta monarca na natureza. Aprende sobre o seu ciclo de vida, migración e adaptacións únicas. Non o perdas!

HUMOR: FIN DE AGOSTO

Viñeta do xenail Gogue (José Ángel Rodríguez López, O Grove-1953) publicado no xornal Faro de Vigo).

Sempre con moito tino!

CANTO SABES DA REXIÓN DE MURCIA?

Reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, gastronomía con pratos irresistibles e unha natureza envexable. Non falamos dunha gran cidade de Europa, senón da Rexión de Murcia, que ten o sobrenome de ’Xardín de Europa’.

Queres coñecer mellor esta comunidade autónoma española?

Si. Pois comezamos!

1. A rexión de Murcia é una comunidade autónoma uniprovincial, pero cales son os seus límites?

- Ao Norte Comunidade Valenciana, ao Sur Andalucia, ao leste Mar Mediterráneo e ao oeste Castela-A Mancha.

- Ao norte Castela-A Mancha, ao sur o mar Mediterráneo, ao leste Comunidade Valenciana e ao oeste Andalucia.

- Ao Norte Castela-A Mancha, ao sur Andalucía, ao leste Mar mediterráneo e ao oeste Comunidade valenciana.

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e viajes.nationalgeographic.com.es   Imaxes: murciaeconomia.com e regmurcia.com

#DígochoEu: Tres galeguismos do castelán que en galego son incorrectos

Moito temos falado aquí dos castelanismos que hai que evitar cando falamos en galego, pero o castelán tamén ten moitos galeguismos! Hoxe falámosche de tres que son incorrectos en galego.

#DígochoEu

CANTO SABES DE ISLANDIA? XVI (FIN)

Remato coa serie adicada a Islandia, esa illa europea situada no océano Atlántico, coñecida pola súa impresionante paisaxe volcánica, glaciares e auroras boreais. País cunha poboación relativamente pequena, onde a enerxía renovable e o turismo son piares importantes da súa economía.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Raposos polares. Poucas plantas e animais emigraron á illa ou evolucionado localmente desde a última glaciación, hai 10 000 anos. Entre a súa fauna, cóntanse ao redor de 1.300 especies coñecidas de insectos, que é un número bastante baixo en comparación con outros países (máis dun millón de especies foron descubertas en todo o mundo). Cando os primeiros humanos chegaron ás súas terras, o único mamífero existente era o raposo polar,​ que chegou á illa ao final da idade de xeo, camiñando sobre o mar conxelado. Non existen réptiles nativos ou anfibios na illa, pero existen varias especies de mamíferos mariños.

Espero que servise para coñecer mellor este fermoso páis!

Ata a próxima serie!

FONTE: es.wikipedia.org

A ESTACIÓN ESPACIAL INTERNACIONAL (ISS)

A Estación Espacial Internacional é desmantelada para revelar os segredos detrás da súa avanzada enxeñería. Descobre como os módulos e tecnoloxías de comunicación foron deseñados para funcionar no espazo. 

A constancia vence sempre á motivación?

Doutor en Psicoloxía da Saúde e neuropsicólogo formado no Hospital Johns Hopkins (Baltimore) e o Royal Hospital for Neurodisability (Londres), Álvaro Bilbao é colaborador da Organización Mundial da Saúde, a Unión Europea e o Children Center de Nova York. Recoñecido experto clínico e divulgador que imparte conferencias e clases en todo o mundo sobre temas que explican a relación entre o cerebro e a educación, Bilbao tamén é autor dos libros O cerebro do neno explicado aos pais, Coida o teu cerebro e mellora a túa vida, Fállame a memoria e Prepárate para a vida, entre outros.

Firme defensor dunha crianza en positivo, baseada na comprensión e o afecto, aborda a adolescencia desde esta mesma mirada. “Pola miña experiencia —apunta— os adolescentes teñen moito interese en aprender como funciona o seu cerebro, en descubrir cales son as claves que lles poden axudar a chegar máis lonxe, con menos estrés e menos sufrimento”. No seu libro Prepárate para a vida, o autor diríxese directamente a eles, ofrecéndolles ferramentas e consellos que lles axudarán a prepararse para os retos do futuro e afrontar este apaixonante momento. A importancia do autocoñemento, establecer relacións sas, adquirir uns hábitos de vida saudables ou entender que a verdadeira felicidade constrúese día a día son algunhas das claves que axudarán a vivir a adolescencia como unha gran oportunidade.